miércoles, 23 de febrero de 2011

A Cidade Imaxinaria. Artlantis

Fai tempo que escoito falar de Artlantis, non é o nome de ningunha cidade imaxinaria, é o nome dun programa de renderizado co que fai tempo que tiña ganas de meterme a fondo, pero como ata o de agora sempre utilicei Kerkythea, nunca encontrei o momento de botarlle un vistazo. Despois de ver varios traballos de outros modeladores como Alsomar ou Aarmesto, entre outros, ao final decidinme a investigar un pouco, e a verdade é que quedei moi satisfeito coa facilidade do uso e a calidade e rapidez dos resultados.

A cuestión é que para probar o programa en cuestión, utilicei un modelo co que fai moito tempo que veño traballando nos meus ratos libres. Non está nin moito menos rematado, e de feito pasa máis tempo gardado no caixón das cousas pendentes que en elaboración. De vez en cando volvo a el e doulle un par de voltas por aquí e por alá... así que como poderedes ver, é unha cousa en constante evolución que non sei se algún día rematerei.

O modelo en cuestión é o verdadeiro motivo desta publicación. É unha cidade imaxinaria (esa que menciono no título), sen nome, situada nun lugar perdido nas montañas, xunto a uns lagos. O sitio busqueino en Google Earth, un pouco ao chou... pero atopei un lugar que me cautivou e ali decidín levantar esta cidade que non existe, e que agora mostro por primeira vez. Que mellor ocasión para estrenar o Artlantis?



Este primer render mostra o exterior das murallas da cidade visto dende o Norte, onde se pode apreciar a alta torre ceremonial que preside o val sobre o que se atopa. Na seguinte imaxe podemos vela dende o Oeste, onde tamén podemos apreciar parte do interior da cidade por detrás dos muros:


Como vedes faltan moitas texturas e terei que adaptar o modelo para os renderizados, xa que as texturas PNG non funcionan corréctamente con este tipo de programas. Agora deixovos un par de imaxes dende dentro das murallas, sobre o lago interior xunto ao que se levanta a cidade. Todos os edificios teñen o seu motivo de ser e a súa utilidade (todo imaxinario por suporto). Se un día continúo con isto tal vez conte máis polo miudo os detalles sobre a cidade, pero iso será máis adiante...

Por certo, que si pinchades nas fotos verédelas en mellor calidade.



Agora xa sabedes onde perdo o tempo de vez en cando... hehehe. Os renders son de primeirizo, que ainda non lle collín o tranquillo ao Artlandis, pero creo que o resultado é bastante aceptable polo de agora e recomendo moi encarecidamente este programa. Espero que vos guste a miña cidade imaxinaria (que non sei se rematarei algunha vez)

Por certo,... ainda non ten nome... algunha idea?

Saudos a todos ;)


Anxo

2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Vaia chulada, Anxo!!

Alédome de que te gustase o Artlantis, non está nada mal pra ser dos primeiros (tampouco falo moito que eu uso 3 ou 4 funcións sóamente). En canto aos PNGs, espero que este video sirva de algo: http://bit.ly/ftUSRt

O modelo, moi bo tamén, pero nomes, mellor déixao a outros seguidores, non é o meu :S

Un saúdo, e sigue así! ;)

Trasancos dijo...

Moitas grazas Andrés!... o vídeo é perfecto, claro que sirve! :D

Alédome de que che gusten as miñas baralladas imaxinarias hehehe, o que non sei é cando o rematarei, si o fago algún día.

Graciñas e saudos ;)