martes, 27 de abril de 2010

Novo modelo. Parador de Turismo e Igrexa Castrense de San Francisco en Ferrol

Novo modelo rematado por fin... ;)

Un pouco de historia:

O Parador Nacional de Turismo de Ferrol está situado xunto a igrexa castrense de San Francisco, que foi construida en estilo neoclásico no ano 1757 ocupando o lugar do antigo Convento de San Francisco, construido á sua vez por Fernán Perez de Andrade no S. XIV. A historia di que a igrexa ten sen rematar as suas torres porque quitarían visibilidade a un observatorio astronóminco da armada que nunca se chegou a construir. O Parador de Turismo é un hotel pertencente á rede nacional de Paradores situado nun edificio señorial de inspiración mariñeira con fermosas vistas sobre o conxunto histórico do Arsenal.



Foto de Dirk vde

Mais información sobre a igrexa de San Francisco aquí, e sobre o Parador aquí.

O Modelo:

O modelo complementa e acompaña ao modelo dos Xardíns de Herrera que realicei tempo atras. O conxunto está formado polo edificio do Parador de Turismo, a igrexa castrense de San Francisco, coas suas dependencias conventuais, e a máis pequena igrexa da Orden Terceira, que se encontra situada nun lateral da igrexa castrense.



A continuación as acostumadas imaxes do modelo rematado.









Acabo de subir o modelo á Galería 3D e polo tanto acaba de entrar no proceso de selección para a capa 3D de Google Earth... esperemos que non tarde moito. :)


Un saudo.

sábado, 24 de abril de 2010

Modelo en proceso.


Aqui traio unha nova actualización sobre o modelo  do Parador de Turismo e o Convento e Igrexa de San Francisco. Con volumenes máis axustados e algunhas texturas que xa foron engadidas.




En breve avanzaremos un pouco máis.

Saudos.

viernes, 23 de abril de 2010

Novo modelo en proceso...

A pesar de que estes días non dispoño de moito tempo, estou comezando un novo modelo en Ferrol. Trátase do Parador de Turismo, a igrexa e convento de San Francisco e a igrexa da Orden Terceira, que se encontra nun lateral do conxunto. 

Foto extraida de minube.com

Deixovos un par de imaxes de como vai o proceso para que vos fagades unha idea, ainda que polo de agora hai moi pouca cousa (acabo de comezar agora mesmo), pero espero ir avanzando algo máis nun par de días.




Non moito, simplemente uns volúmenes bastante toscos polo de agora. O que observades en primeiro termo é o modelo dos Xardíns de Herrera e o Obelisco de Churruca que xa realicei fai tempo e que xa estaban un pouco solitarios. Ainda que xa rematei o proceso de búsqueda de fotografías para as texturas, probablemente aproveite esta fin de semana para realizar algúnha máis pola miña conta. Espero voltar pronto con novas actualizacións.

Saudos.

viernes, 16 de abril de 2010

O Teatro Jofre.

Un pouco de historia:

Situado nunha das prazas máis céntricas de Ferrol o Teatro Jofre é o máis fermoso emblema da importante actividade cultural da cidade. Levantouse o telón por primeira vez en 1892, sendo o "Alcalde de Zalamea" a representación inaugural. Actualmente é unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do XIX. No seu interior, de espléndida acústica e fermosa decoración, destacan os frescos do teito realizados polos afamados pintores e escenógrafos Jorge Busato e Fontana di Centro. As vicisitudes atravesadas polo inconcluso teatro prolónganse ao século XX. En 1908 incorpora á súa programación proxeccións cinematográficas. Despois de ser vendido á empresa Fraga, encárgaselle ao arquitecto municipal Rodolfo Ucha unha reforma para dotalo dunha nova fronte e proporcionar ao edificio o impoñente aspecto de moderno palacio urbano que loce na actualidade. Para saber un pouco máis, podedes visitar a páxina oficial do teatro: Teatro Jofre, ou esta outra: Ferrol Antiguo






O modelo:

Foi un dos primeiros modelos que realicei, aló por Agosto do 2006, daquela era algo bastante máis tosco, sen texturas fotográficas e un aspecto bastante máis esquemático... por non dicir outra cousa :P . Co tempo fun mellorando o modelo ata darlle o aspecto que agora ten e co que podedes atopalo na Galería 3D


Non descarto futuras revisións do modelo, porque os acabados do edificio anexo son bastante mellorables ainda. Nun futuro volverá pasar polo SketchUp para facerlle algunha que outra renovación. Mentres tanto, deixovos unhas cantas imaxes do modelo, algunhas extraidas de Gogle Earth, onde o veredes acompañado por algúns outros modelos realizados tamén por min. Espero que vos guste.














miércoles, 14 de abril de 2010

Novo accesorio de traducción. New translation gadget.

Despois de darlle moitas voltas ao asunto da traducción do blog, finalmente decidinme por un accesorio de traducción automático que poderedes ver xusto por debaixo do encabezamento do blog. Non fai unhas traduccións moi exactas, pero si bastante aproximadas, e ademais de útil afórrame moitísimo traballo. Espero que cumpla a súa función.

After think for a while over the translation affair, I finally decided to add a translation gadget that you should find just under the blog header. The translation that you can obtain it's not what I would call exact, but is accurate enough to understand it, it's really useful and efforts me a lot of work. I hope it works.

martes, 13 de abril de 2010

O Castelo de Andrade

foto: Victor M. Galdón

Un pouco de historia:
O Castelo de Andrade está situado no concello de Pontedeume, provincia da Coruña. Máis concretamente na parroquia de Nogueirosa, polo que tamén é coñecido como Torre de Nogueirosa. A orixe do castelo está moi ligada ao Conde de Andrade, Fernán Pérez (O Bó) que ordenou a súa construcción en 1369. No século XV foi un importante posto defensivo durante as guerras Irmandiñas tras as que quedou case completamente destruido. Conta a historia que durante estas revoltas foi atacado por Alonso de Lanzós. Apresado este xunto aos seus seguidores e trasladado aos subterráneos do castelo onde pereceu. Conta a lenda que despois de 100 días preso nunha escura mazmorra sen ver a luz do día foi enterrado vivo, de pe e no interior dun muro de 3 metros de espesor, despois de amputarlle a man dereita como ao resto dos xefes irmandiños apresados... cousas da Idade Media, que eran así de brutiños. Se queredes saber algo máis da historia deste castelo:
Castillo de los Andrade (en español)



foto: Victor M. Galdón

O modelo:
Fixen a primeira versión deste modelo aló por Agosto do 2007, pero por diferentes razóns (que daquela descoñecía) o modelo non puido formar parte da capa 3D. Finalmente e tras unha revisión e unha segunda versión o modelo foi aceptado permanecendo ata agora visible en Google Earth. A última versíón do modelo podedes atopala aquí. Foi un dos primeiro modelos que realicei nos que tamén creei parte do terreno para poder adaptar mellor a topografía e facela máis aproximada á realidade. Tamén é o primeiro modelo no que incluín unha árbore, que neste caso foi este modelo de dandis. É un dos meus modelos máis populares, e o que está incluido nun maior número de coleccións... :)





A continuación tedes unhas cantas imaxes de como loce o modelo no seu entorno: ...

Unha presentación como é debido


Como veredes na pequena descripción do perfil, chámome Anxo Miján, ferrolán de nacemento e de sentimento ainda que vivo na Coruña. Dende fai anos entrei no mundo do deseño con SketchUp, e ainda que ao principio era bastante torpe, pouco a pouco fun mellorando... ou polo menos iso espero!. Desfruto enórmemente facendo modelos 3D, e ainda que algúns poden ser mellores ou peores (ou malísimos directamente) intento facelo o mellor posible e ir mellorando e aprendendo co tempo. Entre as miñas moitas aficións, a parte do 3D, tamén está a fotografía, ainda que nesas lides o meu non pasa da afición...  Podedes ver algo da miña faceta de fotógrafo amateur en Flickr, a parte de algúnhas imaxes dos meus modelos para o Google Earth que por alí teño gardadas.


Traballo como deseñador gráfico e facendo modelos 3D en imaxefree.com, un estudio de fotografía e deseño da Coruña. Tamén traballo esporádicamente pero de xeito regular para Concept3D empresa afincada Estados Unidos e que fai importantes traballos para coñecidas empresas internacionais. Gracias a este traballo e a unha constante labor de "auto-aprendizaxe" fun adquirindo cada vez máis coñecementos que espero seguir ampliando co tempo. O froito de todos estes anos de labor podedes velo na Galería 3D de Google onde teño modelos ao nome de Trasancos ou outros que fixen en imaxefree.com.



A parte diso fixen algúnha que outra cousa experimentando o renderizado de modelos de SketchUp con Kerkythea, un programa gratuito, pero moi completo ao que se lle pode quitar moito partido e do que seguramente falarei máis dunha vez no futuro.


Isto é todo polo de agora, a medida que vaia publicando sobre modelos novos e antigos e sobre todo o que rodea a este mundo do 3D iredes coñecendo un pouco máis de min e do meu traballo. Espero que vos guste e que sexa por moito tempo. Graciñas por adiantado.


Benvidos de novo a Trasancos 3D.  ;)


I'll mainly write in 'galego' (Galician), but I'll try to add a translation in english to almost all posts to let everybody out of Galiza understand them better. Anyway, if you use Google Chrome you can translate all the blog, but took the precaution of select 'galego' (gallego or galician) as origin language, because Chrome detect it as portuguese... (sic). It's not exactly a good translation... but it helps. You will find the translations at the bottom of each post (usually after the jump)

(16/04/10) Update: New translation gadget added

Here is the translation of this first post:

O comezo...

Pois sí, aquí comeza este blog. Facía tempo que tiña ganas de facer algo así, e ao final decidinme. Fai anos xa que dedico parte do meu tempo a facer modelos en 3D para Google Earth e creo que xa ia sendo hora de ter un lugar onde darlle unha presentación adecuada ao meu traballo para poder compartilo con todos aqueles aos que lles interese, que a fin de contas foi sempre o meu propósito. Aquí poderedes ver de modo máis claro e algo mellor presentados os modelos que realicei ao longo de todo este tempo e os traballos que pouco a pouco irán chegando a partir de agora.

Gustaríame prometer que serei un "publicador" asíduo e que o blog resultará vivo e animado, pero por temor a non poder cumplir as miñas promesas e para non pecar de imprudente, vai ser mellor que polo de agora poña toda a miña boa fe para intentar facelo o mellor posible e o tempo dirá que camiños percorreremos por estes mundos blogueiros.

Graciñas a todos por adiantado, espero que vos guste o que aquí vexades, ou que polo menos non vos horrorice... :P


Benvidos :)



"Alea Jacta Est"!